viernes, 6 de febrero de 2009

Unha nova teoría encol do home

V óuvos dare novas d´unha obra curiosa da
que di Cassianus Keyser, profesor de filosofía
matemática da Universidade de Columbia,que
ha faguere época. Ista obra, da que ninguén
ainda falou na Hespaña, é orixinal de Alfred
Korzybski.
( ..... )
Agora que xa sabedes do home,faigamos un
estrauto das ideias capitaes da sua obra que se
nomeaThe Manhood of Humanity.
Korzybski quérenos probare que o home non
é un animal,senon a terceira dimensión da vida.
Eisí coma as cousas teñen tres dimensións, a vida ten as taes dimensións tamén. As plantas son a primeira dimensión;os animás a segunda,e o home, a humanidade, a terceira dimensión.
Porque o home, según Korzybski, non é unha planta nin un animal. O rasgo que caraiteriza
ás plantas ,a todo o reino vexetal,é a sua capacidade pra acumulare a enerxía solar.A planta, o árbore,recollen a enerxía solar e acumúlanna en follas, que os animás poden comere.O animal
non acumula enerxía directamente. Ten que buscar nos vexetaes as vitaminas que percisa.
Síntesi: os vexetaes perteñecen a crás de vida que acumula enerxía solar.
¿Ora qué é, pois, o animal? O animal móvese d´un punto a outro.O animal ten concencia do espazo. Ocupal-o espazo é tareia sinxela, agás cando dous ou mais animás tratan d´ocuparen o mesmo espazo. N´este caso hai un confliuto.
Síntese: o animal perteñece á crás da vida que acumula espazo.
¿E o home? O home difrénciase do animal en que acumula tempo. Acumula esencias de séculos en tradiciós, de xeito que as xeneracións veñideiras poidan usal-o pasado. Un home pode faguer os planos d´unha casa e seu fillo pode costruíla. Pode inventare unha máquina que o seu neto pode perfeciounare.O fillo non emprincipia a vida onde principiou seu pai;emprincipia onde concluíu seu pai.
Os animás non acumulan tempo. A formiga e mail-a abella, por intelixentes que elas señan, non acumulan tempo. Cada xeneración emprincipia onde principiou a anterior.
Hai, pois, tres crases de vida, o mesmo que hai tres dimensións. Non pode engadirse un pé liñal a un pé cúbico. Non pode sustraerse un litro d´un kilómetro. A área é unha cousa e o volume é outra. A crás de vida que acumula espazo e a que acumula tempo, son tamén duas cousas difrentes, e emporiso, en tódal-as nosas teorías sociaes e polítecas, na nosa filosofía, no noso empeño por regulare a conduta humana, non se recoñecen estas duas crases de vida.
Eisí como é ausurdo tratar de faguer que un peixe ande, porque se lle saca do seu elemento e dos seus instintos de nadare, é tamén ausurdo-di Korzybski-someter ó home á categoría de vida que acumula espazo. O peixe fora da auga, aleteia; o home, tratando d´acumulare espazo-que non é a sua minsión-tamén ha de se movere tontamente,coma o peixe, e poriso as guerras e os disturbios de todo xénero.
A nosa estrutura social áchase basada n´un falso conceuto fundamental. Coidamos que o home é un animal, pro como non actúa coma un animal, engadimos que é algo mais. Dicimos que é un animal mais unha moxena de divinidade. E construímos cárceres pr´ó animal e eirexas pr´á sua moxena divina.
( ..... )
Mentres confundámol-as dimensións da vida, mentres a humanidade actúe coma se fose un animal, tratando d´acumulare espazo, ou señan cousas, persoas ou terreos, e non actúe coma un home, tratando d´acumulare tempo, non poderá habere progreso centífico.
( ..... )

A TERCEIRA DIMENSION DA VIDA, texto de A. Villar Ponte en el Boletín Mensual da Cultura Galega,Órgao da Sociedade " NÓS "(Ano III, Ourense 1 de Nadal 1922, Núm. 14)

No hay comentarios:

Publicar un comentario